mércores, 18 de xuño de 2014

Para ser alumno/-a hoxe



Imaxe recompilada do blog


     Voltamos de novo con outra entrada para este blog. Nesta ocasión imos falar da educación, do fracaso escolar e das claves para ser un bo alumno, e todo isto coma sempre sen intención de ofender a ninguén. Precisaremos os seguintes ingredientes:
  
                          -Esforzo diario (tampouco todo o día).
                          - Tempo libre para reposar a cerebro.

Preparación:
      Mesturamos os ingredientes sen escatimar en tempo. Cómpre engadir atención nas clases e interese en aprender novas cousas para que a masa quede máis esponxosa. Deixámola descansar uns días preguntando as dúbidas ós profesores e facendo máis exercicios así como dándolle un leve repaso cada día. Como se fósemos un médico de cabeceira realizamos esquemas rápidos (non importa a letra xa que os médicos tampouco empregan unha caligrafía correcta).

        Para darlle un toque persoal á receita consulta a seguinte ligazón:
               - Para ver dende outro punto de vista consultar este blog onde se fala de como ser profesor hoxe.
             


venres, 23 de maio de 2014

O Prestige


   Boas, comezamos explicando o nacemento deste blog, somos tres alumnos de 3º ESO de Lugo do instituto IES "A Nosa Señora dos Ollos Grandes", chamámosnos Lucía, Borja e Manuel.


   O noso primeiro post fixémolo a partir dun proxecto de lingua galega e literatura. Intentaremos manter o blog para expresar o noso parecer da sociedade, sen ningunha intención de ofender a ninguén e cun obxectivo de aportar unha ínfima mellora do que se precisa.
   Neste proxecto facemos fincapé nunha desgraza que afectou á nosa terra, "O Prestige" sendo noticia durante máis de 11 anos e que nos sensibilizou para a recuperación do noso medio natural.
Sen nada máis que dicir despedímonos, ata a próxima.